Hoxe en “Imos de Feira” viaxamos ata unha pequena península situada na parte occidental da comarca do Salnés para visitar O Grove. Esta vila celebra todos os venres do mes unha feira que atrae a xente de toda a comarca. No programa de hoxe, as súas rúas están a piques de encherse de feirantes e compradores dispostos a aproveitar o día. Rafa Durán e Javier Varela visitarán os postos ambulantes e os negocios da zona, para escoller catro lugares nos que deixar os sobres do programa. Despois, percorrerán O Grove para atopar aos aspirantes a concursantes que loiten por conseguir, neste día de feira, ata trescentos euros!