Hoxe en “Imos de Feira” viaxamos ata a provincia de Lugo para pasar o día na vila de Meira. Esta zona situada entre a Terra Chá e as Serras Orientais acolle unha gran feira quincenal celebrada en domingo. Coma cada semana, durante a nosa visita a vila está a piques de encherse de feirantes e compradores dispostos a aproveitar o día. Rafa Durán e Javier Varela visitarán os postos ambulantes e os negocios da zona, para escoller catro lugares nos que deixar os sobres do programa.