Hoxe en “Imos de Feira” viaxamos ata a beira do río Támega para visitar a vila de Verín. Famosa polo seu emblemático entroido, esta vila celebra todos os días 3, 11 e 23 de cada mes unha feira que atrae a xente de toda a comarca de Monterrei. No programa de hoxe, as súas rúas están a piques de encherse de feirantes e compradores dispostos a aproveitar o día. Rafa Durán e Javier Varela visitarán os postos ambulantes e os negocios da zona, para escoller catro lugares nos que deixar os sobres do programa.