Hoxe en “Imos de Feira” viaxamos ata Maceda, municipio da provincia de Ourense. Esta vila, situada aos pés da Serra de San Mamede, acolle os días 4 e 20 de cada mes unha gran feira nas súas rúas principais. A vila está a piques de encherse de feirantes e compradores dispostos a aproveitar o día. Rafa Durán e Javier Varela visitarán os postos ambulantes e os negocios da zona, para escoller catro lugares nos que deixar os sobres do programa. Despois, percorrerán Maceda para atopar aos aspirantes a concursantes que loiten por conseguir, neste día de feira, ata trescentos euros!