Estas “Historias Mínimas” xiran arredor de relatos que falan sobre os soños, como aquela muller que contemplaba o mundo a través da súa filla; aqueloutra á que lle fixeron unha proposta inesperada; ou o rapaz que lle comunicou aos seus pais unha nova coa que non contaban, pero que de seguro cambiará as súas vidas para sempre.