Din que as tatuaxes son para sempre, pero non é certo. Se levan tatuaxes, un día desaparecerán igual que acontece coas persoas. Así é a terra, cando chega o momento fai que un se consuma como a comida diante do famento. Hai cousas que son inevitables e, ata o de agora, non se poden cambiar. Pero neste programa tan teimudo lóitase contra o imposible. Outras veces, mesmo se prefire ser o rei Salomón antes que renunciar a un cacho do pastel. Que máis da que un zapato sexa por lóxica indivisible, o talón para un e a punteira para outro. E así pásase pola vida, descalzos pero sen sabelo, e convertendo o camiño nunha sorte de teatro. Ás personaxes desta obra gusta observalas, etiquetalas, unhas veces prexulgalas e outras incluso regalarlles un like. Hai realmente algunha diferencia entre un home que toca o contrabaixo e un neno capaz de ver un portaavións nun bote de plástico ou nunha caixa de cartón? Ás veces a vida enteira pasa tratando de aprender aquilo que xa se sabía de rapaz, cando se