Estás na sala de espera dun hospital cun abarrotamento desesperante, douscentos euros no peto e alguén sentado á outra beira dun mostrador. Podes dar media volta, sentar e pasar do tema, ou deixarte levar por esa tentación que fará xurdir unha pequena historia. Pero ás veces chega con que un gato salte sobre o teu rostro, con que caias de cu enriba dun esgarro ou con que te cruces coa persoa axeitada diante da sala de xogos dun centro comercial. E é que as historias nacen así, de xeito imprevisto, cando menos as esperas.Non hai que ser dos que escoitan un ruído estrondoso na estrada e saen correndo a ver que pasa. Chega con vivir, pois tarde ou cedo, a todas as persoas lles ocorren cousas incribles e calquera pode facer nacer unha historia mínima no momento en que decida contala.