Coñecemos a experiencia de Carlos cando quedou só por primeira vez na casa; o cambio de rumbo de Violeta; a decisión de Pablo de que o "show must go"; como Eduardo creou o seu R2; a esperanza de Luis; por que chaman ao pai de Laura "Pulpito"; o shock postraumático de Pablo tras o suicidio dun amigo; como Carlos salvou a vida grazas a un home misterioso e como Miriam se enfrontou a un ladrón de churros.