Quen é máis eficiente á hora de levar unha mensaxe ao seu destino, unha onda no mar ou unha pomba no aire? O certo é que unha vez que a mensaxe chega, xa iso parece secundario, pero non sempre debería ser así, pois hai vehículos que lle proporcionan sentido, maxia e incluso romanticismo. Por iso hai quen goza, por exemplo, de dicir que foi unha simple película o que marcou os devires da súa xuventude. Outros, non obstante, atopan que o importante é o acontecemento en si mesmo, como podería ser o feito de copiar nun exame ou de lanzarse contra o mar coma se fose un debuxo animado.