Que termos poden sobrar na fórmula inquilino, chaves, propietario, rapeiro, bastón, okupa e malleira? No espazo hoxe verase que non sobra ningún e que o destino é algo que se pode escoller pousando un dedo no mapa de xeito azaroso. Pero, sobre todo, comprobarase que o inferno ás veces ten camiño de volta, que un futuro tranquilo sempre supón unha mínima resignación e que a vida, temendo a morte, non é tal vida.