Unha rapariga cuxa vida son os cabalos e un rapaz que acadou o éxito mesturando o seu talento para debuxar coa súa paixón pola sensualidade son dous dos protagonista. Tamén coñecemos un home que conta a anécdota das olivas que resultaron non selo e unha rapaza que, tras romper os dentes na piscina, acabou vivindo unha aventura inesperada. Nun bosque de carballos vemos un home que quixo pasar de gandeiro a militar; e, moi preto do mar, escoitamos o relato do adolescente brasileiro que, tras recibir unha navallada no costado, tivo que deixar o seu país para acabar converténdose en galego.