“Historias Mínimas” trae oito novos relatos de persoas que contan un momento transcendente da súas vidas. Sempre hai quen soña con vivir nun mundo excepcional, diferente ao que temos, en que as persoas valen o mesmo con ou sen cartos. Pero a realidade non está feita de contos, e cando chega a sacudida a todos nos treme un pouco o romanticismo. Con todo, se se bota unha ollada ao redor pódese ver unha persoa caendo por un barranco mentres a guiaba un GPS e a outro atopando moza en Internet, non será raro que se pense que a vida está formada de pequenas historias.