Imaxina escoitar un teléfono público en medio da multitude coa certeza de que do outro lado hai alguén buscándote a ti, erguerte ante as miradas expectantes dos que suxeitan os teléfonos móbiles dispostos a gravar canto aconteza e subilo a Internet, ou contar unha infancia sen xoguetes. Quizais isto último habería que preguntarllo a unha rapariga que afirma que a familia é o único que temos ou a dous rapaces que foron quen de reaccionar ante as adversidades.