A París de Noia leva máis de 60 anos de traxectoria nos campos da festa, prazas e pavillóns de toda Galicia, cunha conxunción de baile, música e espectáculo que semella imposible. Os seus cantantes, músicos e bailaríns non teñen medo ás alturas e combinan os temas máis escoitados cos éxitos de onte e de hoxe ao son dun ritmo imparable e unha posta en escena impactante.  O programa entra nos camerinos da París de Noiae conversa o seu líder, Blas, que a causa dunha lesión non pode actuar pero que acompaña a orquestra en todas e cada unha das súas actuacións. Ademais, pregúntalle ao público se coñece realmente de onde vén o nome desta formación de tan longa tradición e dá testemuño dos fans e seguidores máis acérrimos da “París”. O grupo naceu en 1957, ano en que Joaquín García Piñeiro “El Acordeonista” asumiu o mando dunha orquestra de once compoñentes xunto a Constantino Pego “El Gitano”, animador das verbenas galegas aló onde estiveran, tanto en Galicia coma fóra dela.