O programa acompaña a orquestra Panorama no seu “Dreams Tour 2017” por Galicia, unha xira que promete cumprir os soños dos seus seguidores coas cancións que máis soarán este verán, sorpresas e un grande espectáculo que non deixará a ninguén impasible.Cantantes que baixan do teito, tarimas voadoras e un escenario que semella cobrar vida propia son algunhas das características do seu espectáculo. Con case tres décadas de traxectoria, esta formación sorprende cada ano con novas incorporacións musicais e coreográficas, un ritmo que semella inesgotable e un público totalmente entregado.