O programa acompaña a Olympus na súa xira 2017, “Coa forza do corazón”. Esta formación radicada en Negreira, con 15 compoñentes no escenario e un club de fans que os sigue alá onde van, ofrece un intenso espectáculo que combina unha coreografía imparable cun repertorio que comeza no valse, pasa polas rancheiras e o merengue e chega ata Camilo Sesto. Cunha década de experiencia na Olympus, o cantante Antonio Moreira “Peke”, actúa acompañado de Cris Lo, unha das últimas incorporacións á orquestra. Xunto a eles, Irene Iglesias, Jorge Ferre e Javi Mota. A Olympus entrou no libro Guinness dos récords pola súa actuación de 24 horas en 2007.