O programa “Grandes Orquestras de Galicia” volve esta noite á TVG desde a localidade lucense de Monforte de Lemos na compaña de La Fórmula, que ofrecerá un espectáculo cheo de enerxía, ritmo, e unha gran sorpresa final que enganchará ao público.Fundada hai pouco máis de dous anos, esta orquestra continúa subindo nas listas das máis seguidas grazas á súa combinación de éxitos de toda a vida, as cancións que se escoitan nas discotecas de medio mundo e un segmento de imitacións musicais que amais de divertir, impresiona pola facilidade do cantante Fonso Blanco, para cantar a Raphael, a Julio Iglesias ou a Joaquín Sabina. Será nesta última parte do primeiro pase cando o versátil cantante Rulo Paz se atreva coa canción por antonomasia da gran Tina Turner, “Proud Mary”, acompañado das fantásticas voces de Tania Domínguez e Yuru Gil.O cadro de cantantes compóñeno tamén Ángel Sevilla e Frederlyn Mayora que durante toda a actuación e cunha dinámica que non deixa tempo para o aburrimento, ofrece