Esta semana en “Grandes Lugares”, os reporteiros do programa achegaranse a Vilardongo e á parroquia de Momán de Xermade. Vilardongo está situado no concello máis extenso de Galicia, A Fonsagrada, entre a serra dos Ancares e  Asturias. Este é un lugar de montañas, praderías e regatos caudalosos que moven o mazo das ferrerías. Por Vilardongo pasa o camiño norte de Santiago, tamén chamado primitivo. Alí, o equipo do programa acompañará unha cuadrilla de segadores a recoller herba, e aprenderá a fiar la con Amelia, a última  tecedora. Ademais, escoitará tocar a unha familia de gaiteiros. En Vilardongo as boas costumes non se perden e, despois de comer, os veciños xogan a partida de cartas. Para rematar a visita, haberá empanada de touciño e bolos preñados feitos no forno comunal da aldea.Momán é unha parroquia do concello de Xermade, que está situado na parte máis alta da Terra Chá, ao noroeste da provincia de Lugo. Moitos veciños emigraron a Bilbao, pero pouco a pouco están retornando. En