Valdín, no concello ourensán da Veiga, sito na serra que separa Zamora de Ourense, é coñecida por ser o teito de Galicia. Esta aldea situada a 1.150 metros é a de maior altitude da comunidade. O lugar é tamén o territorio con máis número de lagoas de España despois dos Pireneos. Malia a altitude, nesta aldea hai unha boa calidade de vida. Un exemplo disto é Manolo, que pola mañá cedo vai cortar leña e ver as súas colmeas. Alí, os reporteiros buscan cogomelos no primeiro coto micolóxico que se creou en Galicia e coñecen a Alba, unha moza pastora que leva unha explotación de vacas freiresas. Ademais, tamén xogan aos bolos cos veciños e observan as estrelas nun dos lugares con menos contaminación luminosa de Europa. Gondulfes é unha parroquia de Castrelo do Val, un concello do sur de Ourense. Esta é terra do viño da Denominación de Orixe Monterrei. Todas as casas de Gondulfes teñen unha bodega. Son espazos familiares e íntimos en que se elabora un viño caseiro, sen etiqueta, pero de gran