“Grandes Lugares” visita as aldeas de Toques, na comarca de Terra de Melide; San Martiño de Tabeaio, no concello coruñés de Carral, e Sumoas, no concello lucense de Xove.  Toques é un gran lugar da comarca de Terra de Melide. Alí o grao móese con agarimo, os viños xóganse aos chinos e comézase o día na horta. O equipo do programa lévanos aos muíños de Toques; a Casa Alfonso, onde é todo troula, e á casa de Pepe, en que todo é paz e sosego. Ademais, proba a marmelada de Concha, colle un autobús cun destino especial e tamén ten tempo para exercitar o corpo. Non falta a música e o parrafeo. A seguinte parada é San Martiño de Tabeaio, un gran lugar do concello coruñés de Carral, terra de pan. Os cereais que nutrirán posteriormente a fariña destacan na paisaxe deste territorio. “Grandes Lugares” visita unha casa que está chea de tesouros do pasado, move os pés cos seus trouleiros veciños e proba a tradicional empanada desta terra.  A viaxe remata en Sumoas, no concello lucense de Xove.