“Grandes lugares” desprázase a Santaballa, en Vilalba, e á parroquia de Xacebáns en Quintela de Leirado.Santaballa é unha parroquia do concello lucense de Vilalba, no corazón da Terra Chá, que se sitúa reserva da biosfera de Terras do Miño. Esta localidade é un lugar con fermosas paisaxes e moita calidade de vida. Neste programa os reporteiros toman un baño cos veciños na milagreira Charca de Codesido. Despois visitan a fantástica casa de Eladio de Naseiro, un artista local, e coñecen a historia da Liga Santaballesa, fundada polos emigrantes de Cuba. Ao final desta parada, o grupo de teatro de Santaballa fai unha recreación de época e recupera algúns xogos tradicionais. Xacebáns é unha aldea montañesa do concello ourensán de Quintela de Leirado. Esta vila está situada na raia, esa liña imaxinaria que separa Galicia de Portugal.  A fronteira marcou a vida e o carácter dos seus habitantes que aínda lembran moitas historias de contrabando. Neste programa falan cos últimos contrabandistas