“Grandes Lugares” lévanos a dous municipios que teñen en común un topónimo real, Caldas de Reis e Outeiro de Rei. No concello pontevedrés, visitamos a parroquia de Godos, con varias aldeas unidas en torno á igrexa de Santa María, escenario de moitas celebracións festivas e relixiosas. O equipo do programa tamén foi testemuña do día a día dos veciños de Gaioso, en Outeiro de  Rei, gardiáns da arquitectura popular, a paisaxe e as tradicións que fan desta parroquia, ao lado do río Ladra, un lugar especial.