A primeira parada do “Grandes Lugares” de hoxe estará no concello ourensán de Castrelo de Miño, concretamente na aldea de Santa María de Astariz, un territorio especial, fluvial e montañoso a partes iguais. Así, os seus veciños viven da terra e do Miño encorado. A continuación, o programa visitará Dorra-Senande, un gran lugar do concello lucense de Antas de Ulla. Nesta terrra a horta e os produtos autóctonos son os protagonistas. A calma diaria de Dorra-Senande soamente se ve interrompida polo son duns palillos.  Por último, “Grandes Lugares” chegará a San Xulián, unha parroquia do concello pontevedrés de Pontecesures. Neste lugar, bañado polo río Ulla, hai un sabor especial a música e a lamprea.