Índice de contidos 01:10 Partovia (O Carballiño, Ourense) 19:43 Brocos (A Golada, Pontevedra) 36:16 Oza (Teo, A Coruña) Nesta edición "Grandes Lugares" visita as aldeas de Partovia, no concello ourensán do Carballiño; Brocos, no concello pontevedrés de Agolada, e Oza, no coruñés de Teo. Partovia é un gran lugar do concello do Carballiño, unha terra balnearia onde se coce moi bo pan e onde todo o mundo ten horta. Os espectadores coñecerán os viveiros de Partovia e as ocas de Rosa, que poñen os mellores ovos do lugar. O programa tamén charlará con Luís, un coleccionista de primeira e fillo de baldeiro. Partovia é tamén un gran lugar termal, xa que alí se agocha un dos centros turísticos do interior máis importantes de Galicia. O balneario histórico das Caldas de Partovia é unha fonte de saúde e de beleza e ao parecer os romanos xa facían uso destas augas. San Miguel de Brocos é unha parroquia do concello pontevedrés de Agolada, un gran lugar que non se entende sen o encoro de