Santa María de Ordoeste é unha das quince parroquias do concello coruñés da Baña, na comarca da Barcala. Esta é unha terra de forte tradición agraria e un lugar de paso, pero con vida propia. Ordeste foi terra de emigrantes, aínda que maioría deles están a retornar. Os reporteiros coñecerán a Andrés, a quen a morriña fixo regresar de Brasilia, e visitarán unha casa de turismo rural con vistas ao río Barcala.  Lagares é un aldea situada no concello coruñés de Monfero, na zona sur do parque natural das fragas do Eume, ao pé da serra da Loba. Esta aldea conta con vistas ao encoro do Eume e ás fragas, e nela aínda se conservan moitas tradicións e oficios artesáns. O equipo do programa empezará a xornada con Rubianes, condutor do autobus escolar que lle ensinará o río Eume en kayak. Ademais, os reporteiros coñecerán a algún dos persoeiros do lugar, coma  Manolo, o carpinteiro, que fai “sellas” e “copetas” de madeira.