Santo André de Mirandela é unha localidade do concello de Castroverde, unha zona de transición entre a chaira e as serras orientais de Lugo. Esta é unha parroquia gandeira con extensas praderías para a cría de  vacas leiteiras. En Mirandela, hai censadas máis vacas ca persoas. Alí só viven 64 veciños e entre eles Martín, o primeiro neno nacido na aldea despois de 16 anos. Neste programa os reporteiros percorren unha ruta de sendeirismo na compaña del, que os leva ata o muíño Mirandela, onde varios xubilados adoitan xogar unha partida de dominó. Ademais, achéganse á granxa de Outeiro durante a visita veterinario e aprenden a facer marmelo con María Carme e a tocar o acordeón. Moscoso está ao sur da provincia de Pontevedra, no concello de Pazos de Borbén, entre Redondela e Soutomaior. Unha boa parte dos veciños deste lugar emigraron a Salvador de Bahía, no Brasil, durante o século pasado e alí montaron unha sociedade de amigos de Moscoso. Nesta aldea celébrase o Encontro dos Santos e a