A primeira parada é na parroquia de Esteiro, no concello coruñés de Muros. Esta é ribeira de salitre, pero tamén terra de gando. Os exemplares para a degustación da Festa da Cachena críanse nos montes comunais. Pero se por algo ten fama Esteiro é polas súas carrilanas. No Aparral, no concello coruñés das Pontes, coidan do seu patrimonio e das súas tradicións, do seu corpo e da súa mente. Realizan rutas e terapias antiestrés subidos a cabalo. Na parroquia do Aparral todos os veciños teñen hortiña. Os reporteiros acompañarán a Cynthia á súa, que seica é especial. Finalmente, o programa coñecerá na Cañiza a parroquia de Valeixe, terra de muíños e de viño. É unha localidade con moita historia, xa que foi capital do concello e está incluído na Denominación de Orixe Rías Baixas. Proba da súa importancia no pasado son as súas sete capelas e as súas casas señoriais.