O percorrido comeza na localidade da Mariña luguesa, onde boa parte da forma de ser e de vivir dos veciños se define en función do seu porto, dedicado principalmente á pesca da altura. Despois, o espazo achegará os espectadores ao día a día en Corcoesto, no concello de Cabana de Bergantiños, un lugar coñecido polo conflito arredor da súa mina de ouro en que o verdadeiro tesouro son os seus veciños. O último destino será Quins, no concello ourensán de Melón, onde o entendemento e a convivencia interxeracional fai do pobo un lugar especial.