O programa visita as aldeas de Baldráns, no concello pontevedrés de Tui; Amoroce, no concello ourensán de Celanova, e Samertolameu, no concello pontevedrés de Moaña. Baldráns é unha parroquia do concello de Tui bañada polo Miño, un territorio verde con abundante patrimonio. A historia deste territorio é extensa, e hai alguén que a coñece moi ben: Antonio, o cronista de Baldráns e tamén o propietario dunha granxa de perdices. Ademais, coñecemos a horta de Alfredo, un auténtico exemplo de amor pola terra. Amoroce é unha aldea do concello ourensán de Celanova, un gran lugar de mámoas e menhires, creativo e orixinal, con veciños auténticos e únicos. Alí, atopamos a Martín, que fai maxia coas estrugas; a Carolina, unha auténtica autoridade virtual, e tamén a Carme, que combina técnicas artesanais e principios científicos para devolver á vida obxectos de interese histórico. Esta é terra de emigrantes, de veciños que, desde o século XIX, se abriron camiño ao longo e ancho dos catro puntos ca