Un caso de envelamento leva a Pedro a excederse nas súas funcións para descubrir o culpable. Xunto con Isabel fanse pasar por unha parella de namorados e acoden a un viveiro onde se arriscan a unha denuncia contra Gondar por intromisión. Luis reprende a Pedro pola súa actitude irresponsable. Leo sorprende a Pedro con Isabel e cre que entre eles hai algo. Celia recriminalle a Uxía que lle mande anónimos a Luis, acúsaa de "buscona" á caza dun home rico. Uxía respóndelle que a autora seguramente sexa Isabel e pouco despois protagoniza unha escena de celos ante Luis.