Un cómico ten que retirarse da escena en plena actuación por unha forte gastroenterite. Alertas Alimentarias terá que enfrontarse a unha bacteria que está a provocar moitos casos similares na zona, cun so elemento en común: un restaurante vexetariano. Pedro está frustrado co traballo rutineiro que lle encarga Luis. Ruiz fai manobras de aproximación que poderían ser unha arma de dobre fio. Unha admiradora segreda convida a Luis a unha cita a cegas.