“Gastrópodos” achégase desta volta á beira da ría de Arousa para facer parada en Vilagarcía. Os dous cociñeiros e protagonistas do programa, Beatriz Sotelo e Antonio Botana, volven enfrontarse nun reto en que, a cada paso, pode observarse a crecente competitividade entre dous estilos de cociña moi persoais. Os dous equipos de cociña, en que tamén están a presentadora Marta Doviro e o presentador Antón Lezcano, visitan o mercado de abastos da vila, que está a someterse a unha profunda rehabilitación. Alí fan a compra e tamén coñecerán polo miúdo as características dun mercado que ten unha fonda tradición na contorna da vila. O equipo do programa vivista un negocio de hostalería, a tapería Malquerida, unha taberna que rexenta Richard Santamaría e que, pouco a pouco, vai adquirindo unha acreditada sona na vila arousá. Para esta ocasión, o xurado está formado por unha representación do equipo de baloncesto AD Kemegal Cortegada, equipo da Liga 2 de baloncesto feminino. Os dous axudantes