O autobús de “Gastrópodos, cociña en ruta” fai parada na cidade de Vigo, na praza de Compostela. O lugar escollido para realizar a compra é o Mercado do Progreso, un lugar reformado hai pouco tempo, situado no centro. O programa tamén visita o espazo “Progreso 41”, unha gastrogalería urbana. Os axudantes de cociña para esta ocasión foron seleccionados nun casting realizado no Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) de Santiago de Compostela. Os escollidos foron Mauro García, de Bertamiráns (Ames) e Ángel García, de Tui.