A xouba é un peixe que está intimamente unido á vila mariñeira de Rianxo. Por iso, escollimos este destino para falar dun peixe azul que ten un dos seus principais portos de referencia en Rianxo. Berce de intelectuais e escritores como Castelao, Dieste ou Manuel Antonio, en Rianxo gávanse de capturar as mellores xoubas de Galicia grazas á arte do xeito, un modo de captura tradicional. Marta Doviro, visitará precisamente o porto de Rianxo para falar cun mariñeiro que se dedica á pesca da xouba. Tamén falará cos veciños do lugar para coñecer máis detalles referidos á cultura mariñeira da vila e subirá a unha dorna xeiteira, a embarcación coa que se pescaba a xouba antigamente. Ao remate da súa xira por Rianxo coñeceremos quen é o mellor rival: a cociñeira do programa, Beatriz Sotelo ou Fran, un rapaz de Vigo que se trasladou a esta vila para abrir o restaurante Casa do Vilar.