A Televisión de Galicia inicia unha nova temporada do “show” gastronómico “Gastrópodos, cociña en ruta”. O programa presenta este ano novidades, xa que pasa a ser unha competición entre dous cociñeiros do Grupo Nove. Segue no programa a cociñeira Beatriz Sotelo e incorpórase outro cociñeiro residente, o cambadés Antonio Botana. E cambia o  autobús-cociña. Os dous cociñeiros están acompañados polos presentadores Marta Doviro e Antón Lezcano e entre eles catro fan un percorrido por varias cidades e vilas galegas para cociñar cun produto “sorpresa” en cada un dos diferentes mercados de abastos que hai neses destinos. En cada entrega de “Gastrópodos”, os cociñeiros e presentadores repártense en dous equipos que compiten por gañar cada un dos programas. Tamén aparece a figura do axudante ou “pinche” de cociña, seleccionado nun “casting” que o programa gravou en varias escolas de hostalería galegas. Ademais, convídase a un colectivo ou asociación para exercer de xurado popular. A nova tem