A andaina de “Gastrópodos” prosegue en Lugo. Alí, na súa Praza Maior, queda situado o autobús. Desde alí tamén parten os dous equipos de cociña capitaneados por Beatriz Sotelo e Antonio Botana, que están acompañados na súa aventura polos presentadores Marta Doviro e Antón Lezcano.O lugar escollido para facer a compra é a praza de abastos da cidade, un espazo que está sufrindo unha transformación para tratar de recuperar o ambiente que sempre lle foi característico pero que tamén quere atraer os novos consumidores do século XXI. Coñecida é a lenda “E para comer, Lugo” . Por iso o programa visita os dous últimos restaurantes gañadores da mellor tapa da cidade. O restaurante Paprica, onde traballa o cociñeiro Álvaro Villasante, e o restaurante Cachivaches, onde cociña Alejandro Méndez.Para exercer de xurado popular do programa escolleuse unha institución centenaria: a Banda Municipal de Lugo.