Facemos unha parada nas terras do Salnés: imos ata Cambados para renderlle homenaxe a un dos mariscos de máis sona da vila mariñeira: a vieira. A pinche e presentadora do programa, Marta Doviro, iniciará o seu paseo pola localidade na ponte que une a illa de San Sadurniño con Santo Tomé, a antiga vila mariñeira de Cambados. Durante o seu percorrido polo lugar para atopar un cociñeiro que se enfronte a Beatriz Sotelo e dar con diferentes xeitos de preparar a vieira. O programa visitará negocios de restauración como A de Luis ou o Ribadomar, para entender cal é o vínculo que ten a vila con este molusco bivalvo e os diferentes xeitos de preparación que existen para degustalo. Tampouco perderá a ocasión para visitar a empresa Porto de Cambados, a principal subministradora deste marisco en Galicia. Finalmente, Marta Doviro dará cun rival para a chef de “Gastrópodos”. O escollido será Antonio Botana, do restaurante Pandemonium, un cociñeiro autodidacta que ten o seu negocio aberto en Camb