Os cociñeiros en ruta chegan á vila coruñesa de Arzúa. Se por algo é coñecida esta localidade, é por ser un dos lugares de máis sona en Galicia no referido ao queixo. O queixo da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa, que agrupa a vila coruñesa e a comarca lucense, será noso o protagonista. Beatriz Sotelo, enfrontarase a un reto moi especial e ese será competir contra unha muller, María José, herdeira dunha tradición centenaria: ser a cociñeira da casa de comidas Casa Chelo. Este negocio leva aberto máis de cen anos nesta vila do interior da provincia da Coruña e ademais, María José é filla, neta e bisneta de cociñeiras, as outras mulleres que antes que ela atenderon o negocio en Casa Chelo. Visitaremos da man da pinche Marta Doviro, a única queixería que segue a producir queixos no concello de Arzúa e o albergue de peregrinos “De Camino”. Para conformar xurado de “Gastrópodos”, nesta ocasión, contamos coa colaboración do director da Radio Municipal de Arzúa, Armando Cascó