A cociña en ruta chega á vila ourensá de Xinzo de Limia para coñecer de primeira man un produto co que todos os galegos contan na súa mesa: a pataca. Na bisbarra do Limia bótanse a meirande parte das patacas que se consomen en Galicia. Despois dun percorrido pola vila de Xinzo, a presentadora e pincha do programa, Marta Doviro, visita as leiras de patacas do lugar para coñecer un pouco mellor este produto e a riqueza que xera na localidade ourensá. Aproveitando a viaxe, dá unha volta pola ruta dos viños para visitar A Trocha, un lugar onde aínda se cociña un dos produtos máis singulares da zona, a ra, e visita o Museo Galego do Entroido, situado nesta vila que forma o triángulo máxico xunto a Laza e Verín. Para cociñar no autobús do espazo culinario, a persoa escollida é a unha cociñeira nova pero con moito talento, Sesé, do restaurante Langrina, un dos pequenos recunchos con encanto no que gozar dunha boa mesa. O xurado do programa está formado pola empresaria Gloria Fernández e pol