O autobús de “Gastrópodos” para na cidade da Coruña, no Cantón Grande. Desde alí, os dous equipos de cociña, integrados por Beatriz Sotelo e Antonio Botana, como cociñeiros, e Marta Doviro e Antón Lezcano, na tarefa de presentadores, desvelan cal é o produto sorpresa co que terán que elaborar cada unha das súas receitas. A compra realízase na céntrica praza de Lugo, pero tamén coñecemos outro dos nove mercados municipais da cidade da Coruña: o de San Agustín. Os dous pinches de cociña foron seleccionados na escola de hostalería CIFP Compostela, que este ano celebra o seu 50 aniversario: Yanilsa Gil, de Ordes, e Alfredo Beirás, de Santiago de Compostela. O xurado popular escollido foi a Asociación Cultural Manicómicos.