"Gastrópodos" visita a terra dos "Mecos", na península do Grove, coa súa cociña en ruta. Nesta ocasión a cociñeira Beatriz Sotelo medirase contra o cociñeiro, e tamén amigo, Javier Ollero. Será unha difícil disputa xa que Javier posúe unha estrela Michelin polo traballo desenvolvido no restaurante Culler de Pau. A "pinche" e presentadora, Marta Doviro, fai un percorrido pola vila. Nas visitas á Confraría do Grove, a cetaria Trelles e os restaurantes A Meloxeira e Misturas, aprende os segredos da centola. Os hostaleiros Alberto Domínguez (D´Berto) e Rocío Lis (O Almacén do Avó) exercen de xuíces xunto ao crítico gastronómico do programa, Jorge Guitián.