“Galicia Viva” despide a semana cos máis variados contidos e conexións en directo. Os reporteiros estarán presentes acendido da iluminación de Nadal de Cardecide, unha pequena aldea de Cuntis cuns veciños moi simpáticos e ben levados que por estas datas se unen para decorar as súas casas e facer un acendido oficial coma as grandes cidades, con chocolatada incluída. O equipo do programa tamén estará coa rondalla Pontellas percorrendo as parroquias do Porriño. Por último, os espectadores poderán ver un espectáculo circense nas Pontes. O programa tamén segue pendente de se Combarro será elixida a vila máis fermosa de España.