O programa segue pendente da alerta en Galicia pola seca e visita Irixoa, onde se decretaron xa cortes de auga. Galicia viva tamén está cos voluntarios do Banco de Alimentos de Vigo para saber como vai a campaña de recollida de alimentos na cidade e a colaboración dos cidadáns vigueses. Noutra reportaxe, a policía nacional advirte de diferentes calotes que nestas datas adoitan producirse como as revisións do gas ou a compra de lotaría, entre outros. Ademais, descubrimos un curioso albergue que hai en Palas de Rei, en pleno Camiño de Santiago. Trátase dun albergue ao máis puro estilo xaponés. E, por último, un equipo do programa cociña na Coruña entrantes para este Nadal.