“Galicia Viva” está esta tarde en directo en Vigo no único restaurante Yakinuki en Europa que utiliza a barbacoa xaponesa ao xeito tradicional. Ademais, o espazo da TVG vai de visita cun grupo de alumnos ao encoro de Oitavén, unha excursión na que os nenos comproban in situ as consecuencias do cambio climático. Un equipo de programa visita, na ría de Ferrol, o banco das Pías, que, despois de moito anos, se volveu abrir para a captura da ameixa, fonte de ingresos de moitas familias da zona. Outra reportaxe lévanos a clases de danzas africanas en Compostela.