O programa ocúpase do incremento da demanda de pozos ante a falta de auga. Ademais, visita en Valga o Belén artesanal en movemento máis grande de Galicia; a feira de inventores 'Galicia Maker Faire', e un concurso de canariocultura. Tamén leva un equipo a cociñar a un restaurante na fin do mundo, en Fisterra, e preséntanos as galiñas solidarias de Lugo, que destinan os seus ovos a unha parroquia.