O “Galicia Viva” quere sumarse hoxe á celebración do Día Mundial do Neno. Por este motivo, os cativos de Galicia terán unha presenza destacada no programa deste luns. Os reporteiros e reporteiras de “Galicia Viva” verán como as nais, pais, avós e avoas dos nenos dun colexio montan toda unha estrutura de árbore de Nadal decorada con adornos de calceta feitos por eles mesmos. Ademais dos nenos protagonistas, os espectadores e seguidores do programa asistirán en directo aos ensaios previos ao concerto que ofrecerá o gaiteiro Carlos Núñez na Catedral de Santiago, o vindeiro mércores 22 de novembro. Por último, a edición de hoxe de “Galicia Viva” ten gardada unha sorpresa: un dos seus reporteiros visitará por sorpresa a casa dun galego.