Desde A Coruña, “Galicia Viva” acode a clases de ‘pole dance’; un baile que se realiza apoiándose sobre unha barra vertical. Tamén nos informa de todas as novidades de deporte e turismo activo desde Sportur en Ourense e participa como voluntario nunha recollida de alimentos que organiza a Federación Galega de Bancos de Alimentos. Ademais ofrécenos un adianto dos contidos de “Luar”. Ao longo da conexión, temos a oportunidade de ver os preparativos e os artistas que van actuar no programa, entre outros a cantante sevillana María del Monte.