A saúde animal inflúe directamente na saúde das persoas. O sector da sanidade animal está formado por empresas en crecemento, e que teñen un carácter marcadamente innovador. “Galicia On” preséntanos unha das iniciativas acabadas de chegar ao Hospital Veterinario 4 de Outubro, un centro equipado coas últimas tecnoloxías, como a resonancia magnética nuclear, ou un TAC de 16 cortes.Tamén nos fala de Beta Implants, unha empresa de Salvaterra que deseña e fabrica próteses a medida para animais e que mantén a súa aposta polo I+D+i, desenvolvendo novos implantes e biomateriais.