As pantallas teñen cada día máis presenza nas nosas vidas. Ademais das do televisor, o móbil, a tableta ou a do computador, hai outras pantallas que están conquistado un lugar destacado nos espazos exteriores e nas tendas. É un novo subsector que se coñece como Sinalización Dixital Dinámica, e que experimentou un crecemento espectacular nos últimos anos.  O programa “Galicia On” asómase ao que está a suceder en Maler Digital Signage, unha empresa que desde a súa sede da Coruña monitoriza máis de 23.000 pantallas en 14 mercados internacionais. Tamén visita Trison, considerada a quinta compañía máis importante do mundo na subministración e instalación de sistemas de imaxe e son.