“Galicia On” afonda na evolución da seguridade: un paseo histórico desde as primeiras alarmas por cable dos anos 80 ata os modernos sistemas que integran a intelixencia artificial para ser máis eficaces.  Bosch Seguridade é a primeira parada. Está a traballar nun innovador proxecto de drones terrestres para a perimetraxe. Un servizo que se suma á longa lista de solucións que ofrecen tanto a empresas coma a particulares. Na era dixital, a seguridade volveuse fundamental no ámbito informático, impulsada pola transformación dixital e a industria 4.0. E disto saben moito en Emetel Sistemas, unha empresa de Oleiros experta en ciberseguridade.